24 abr 2009

Viaxes

Ola, aquí estou de novo, para contarvos un dos viaxes que fixen, o que máis me fascinou de todos cantos fixen ata agora.Ese viaxe foi a Salvador de Bahía, pasei quince días inesquecibles; encantóume todo, a comida, as paisaxes,as persoas.Agregei unha dirección para que poidades facervos unha idea do que podedes atopar alí.Aínda que so é unha pequena mostra.

24 mar 2009

serìa feliz aquì


Presentación


Ola a todos-as, este blog xurdiu porque estou facendo un curso de iniciación a informática, no I.E.S. Ricardo Mella de Vigo. A informatica é un tema que me encanta, para min o invento do siglo. Son unha persoa a que lle gusta moito viaxar, ler, ir a praía, son unha enamorada de Samil. Unha persoa moi aberta, alegre, moi amiga dos meus amigos, doulle moitísimo valor a amizade sincera e leal.


Preguntarédesbos como estou escribindo en galego,pois o meu galego non é perfecto, fago o que podo; teño unha filla que estudou filoloxía galega e o ano pasado fixen o celga 4. Ahí coñecin a un rapaz que hoxe é meu amigo, el foi quen máis influíu en min para que escribise en galego. Un saúdo para todos-as.

17 mar 2009